8 nov 2011

Día da Ciencia en Galego


O día 4 de novembro de 2011 celebraremos o II Día da Ciencia en Galego adicado a exaltar o papel da Ciencia e da Tecnoloxía na creación e profusión da Cultura Galega. A actividade realízase en toda Galicia o mesmo día.
Este ano celébrase o Ano Internacional da Química. Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie no 1911 polos seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Curie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química); posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona,... fai os seus descubrimentos estando fóra da Universidade, antes de que sexa nomeada profesora, e tendo dúas fillas (unha delas premio Nobel, tamén). Razóns de sobra para homenaxeala neste día Galego da Ciencia.
Así, o 4 de novembro homenaxéase a Marie Curie e á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que dan clase, fan ciencia, e cambian para sempre a maneira de ver o papel da muller na ciencia.


                                               
Maria Wonenburguer                     Marie Curie











Con motivo de conmemoración de este día tivemos o pracer de poder asistir a unha videoconferencia do doutor Ánxel Carracedo, director do Intituto de Ciencia Forense e mediciña de Santiago.
 Tivo lugar o venres 4 de novembro de 12:30 a 13:30, que asistiron un grupo de alumnos de 1º de BAC xunto con estudantes doutros 100 centros galegos, e que foi organizada pola Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística)

Biografía de Ánxel Carracedo:
 Nado o 12 de novembro de 1955 en Santa Comba é un Catedrático de Medicina Legal, experto internacional en xenética.
Premio Extraordinario de Licenciatura, Doutor en Medicina con Premio Extraordinario, foi director do Instituto Universitario de Medicina Legal, presidente da International Society for Forensic Genetics. Codirector da Unidade de Medicina Molecular Inco Sergas. É autor de varios libros e centos de publicacións. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, membro do Grupo Europeo do ADN e da Comisión de ADN da Comisión de Xustiza dos EEUU, coordinador da Rede europea de estandarización do ADN e da Rede iberoamericana de xenética molecular aplicada á medicina forense. Está ao fronte da Fundación de Medicina Xenómica de Galiza

A videoconferencía tivo unha duración duns 20 minutos mais a resposta de cuestións. Nestes minutos falouse entre outras cousas de:
-Que o Proxecto Xenoma Humano supuxo un antes e un despois na xenética.
-En España dedícanse máis de 50 laboratorios á investigación criminal-forense
-Na década dos 90 o PCR (reacción en cadea da polimerasa) foi unha revolución tecnoloxica xa que a partir dunha mancha practicamente invisible de sangue ou un simple pelo podemos obter o perfil do ADN dun individuo; o PCR empregase por exemplo: nas probas de paternidade.
-Podese atopar dous tipos de ADN o ADN nuclear e o ADN mitocondrial que este ultimo se herda so de nais a fillos.
-O cromosoma Y resulta imprescindible para a resolución de crimes sexuais.
-Os SNIPS serven para identificar mostras que non se poden recoñecer mediante os microsatélites.
- Cos Chips de ADN podese facer máis doada a relación de parentesco.
-Polo ADN podese diferencias por exemplo a un Europeo dun Asiático.
A continuación tivo lugar a resposta das cuestións as que o doutor Ánxel Carrecedo contestou gostosamente e facendo obra da súa simpatía.