10 nov 2011

Un volcán submariño comeza a formarse na costa de "El Hierro"


Un volcán submariño comeza a formarse a só dous kilómetros da liña costeira da illa canaria de "El Hierro". Os trozos de magma flotan no mar, síntoma inequívoco dunha gran erupción nas profundidades do océano. Pero se nun primeiro momento o magma facía a súa aparición a uns 1.000 metros de profundidade, nas últimas horas esas emisións estanse producindo a só 150 metros de profundidade. Ata o buque oceanográfico que estuda sobre o terreo a situación tivo onte que alonxarse da zona ante a abundancia de emisións sulfurosas. O Profesor Ignacio Lozano puxo rumbo a augas máis seguras ante o temor a unha erupción submarina de maior calibre.
Material piroplástico procedente de la erupción submarina de El Hierro.
Os expertos consideran que a primeira fase da erupción xa tivo lugar. Burbullas de lava con gas na superficie. Os científicos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN) e do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) confirman unha erupción do tipo surtseyana, que consiste na expulsión de "burbullas de lava que levan gas e que unha vez que o pierden hundense".
Nunha segunda etapa, os expertos anuncian que se poderá ver unha columna de cor branco de vapor que dará paso á terceira fase na que se observarán "unhas explosións de cor negro coñecidas como colas de galo". Finalmente, poderase visualizar "o crecimento dunha pequena illa da que fluirá unha fonte de lava tipo surtidor".
Por outro lado, o diámetro da boca do volcán debe ser de aproximadamente un metro de diámetro, que provocou unha deformación na illa duns cinco centímetros. A erupción será visible cando se encontre a uns 60 metros de profundidade. Científicos e periodistas desplazados á zona agardan ese momento.